3. Visualizador da base de datos

3.- Modificar o xeito en que a base de datos mostrará as entradas así como o formulario de entrada de datos (configuración dos modelos de visualización).

 

Os modelos ou plantillas nos permiten configurar o modo en que se amosará a información na base de datos, tanto para a introducción de rexistros como para as consultas e visualización dos rexistros introducidos. Dispoñemos dun editor de texto enriquecido (o do propio moodle) para mellorar a visualización e presentación de cara aos usuarios.

 

Para acceder a eles basta con premer sobre a pestana "Modelos" na xanela principal de configuración da base de datos.

 

modelos para base de datos

 

Hai tres modelos básicos que debemos editar: Engadir modelo, Modelo Lista e Modelo Simple e entodos eles disporemos dunha xanela á esquerda coas etiquetas dispoñibles (campos e botóns de acción a incluír en cada modelo) asi como das opcións de Redefinir modelo e Desactivar editor.

 

Engadir Modelo:

 

 

Esta opción permítenos crear e deseñar o modelo ou aspecto "visual" co que se amosará aos usuarios o formulario para engadir novos rexistros á base de datos.
Por defecto o modelo está establecido para que se visualice un campo en cada liña e estes se amosen centrados na páxina.
Empregando o editor de texto podemos modificar o aspecto do formulario, engadir texto descritivo, un título, engadir imaxes ilustrativas, decidir a orde e colocación dos campos na páxina, a alineación etc.
Na seguinte imaxe pode verse un modelo feito para unha base de datos na que se solicitaba aos usuarios que engadisen enderezos URL de interese educativo (é simplemente un exemplo)

engadir modelo
E aqui pode verse o aspecto final co que se amosaría o formulario para engadir rexistros á base de datos segundo o modelo establecido:

formulario engadir rexistros modificado


Modelo Lista

Como xa comentamos a base de datos pode amosar os rexistros engadidos nun listado mediante a opción "Ver lista". O modelo Lista permítenos modificar o aspecto visual de dito listado. Podemos definir unha cabeceira e un pé de páxina personalizados, así como modificar o aspecto dos rexistros amosados no listado, darlle formato ao texto, engadir descricións, imaxes, modificar a alineación, engadir botóns de acción como editar, eliminar, aprobar, usuario etc.
Na seguinte imaxe pode verse un exemplo dun modelo lista feito para a base de datos exemplo anterior. Nel pode apreciarse que se estableceu un encabezado, modificouse a descrición que acompaña a cada campo do rexistro e engadíronse os botóns: usuario (indica o nome do usuario que engadiu o rexistro), nº de comentarios (indica o nº de comentarios desa entrada e aporta unha ligazón para ir a eles) e o enlace a mais (para poder obter unha descrición mais detallada dun rexistro concreto (pasa a modelo simple onde se amosan os rexistros dun en un)

modelo lista
E nesta pode apreciarse o resultado:
visualizacion lista


Modelo simple

Permítenos decidir o aspecto que terá a visualización simple de rexistros. Na visualización simple amósase un único rexistro por cada páxina xunto cos seus comentarios e dende ela os usuarios poderán comentar cada rexistro e visualizar os comentarios feitos por outros.
Como sempre disporemos dun editor de texto para modificar o aspecto da visualización e poderemos engadir botóns de acción (para esta visualización só están dispoñibles os botóns: editar, eliminar, aprobar e usuario)
O funcionamento é moi semellante aos xa descritos anteriormente.

Outros modelos:

Modelo RSS: define a apariencia das entradas en fontes RSS. Para que teña efecto require que estea activada a posibilidade de ter fontes RSS para todas as bases de datos na configuración do módulo de base de datos, opción que actualmente non está dispoñible en multisite (websdinámicas)
Modelo CSS: emprégase para definir os estilos CSS locais para os demais modelos.
Modelo Javascript: define Javascript personalizado para os demais modelos.


Opcións para os modelos

Redefinir modelo
En cada modelo atoparemos sempre a opción de Redefinir modelo (na xanela de configuración do modelo na zona inferior da esquerda).
Este botón permitiranos reiniciar ou resetear o modelo ou plantilla feita o que nos será de utilidade cando engadamos novos campos ao formulario e queramos que se visualicen do mesmo xeito que os anteriores.
Dado que unha vez reseteado o modelo todos os cambios anteriores (relativos ao aspecto ou visualización dos datos) pérdense é moi recomendable que antes de comezar a definir os modelos teñamos decididos os campos que imos a incluír.

Desactivar editor
Con esta opción desactívase o texto enriquecido do editor de texto, e pódese introducir directamente o código html. Esta opción é semellante á do botón incluído no propio editor de texto

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License