Crear logo corporativo personalizado segundo o Manual de identidade corporativa

No portal educativo está publicado o Manual de identidade corporativa.

Nas páxinas 5 e 6 pódense ver exemplos de logos corporativos personalizados co nome e o logo do centro.

Descargar o pdf que máis se adapte ao centro (dependendo se ten ou non logo propio e se é vertical ou horizontal)

Para modificar o logo xenérico usaremos LibreOffice Draw e Gimp (as dúas aplicacións están na maqueta abalar e tamén existen versións para o sistema operativo Windows).

Os pasos a seguir serían os seguintes:
  • Descargar o pdf, que máis se adapte ao caso particular do centro, da páxina 8 do Manual: Área de descarga
  • Abrir o pdf con LibreOffice e editar.
  • Facer dobre click encima do espazo para escribir o nome do centro e cambiar o texto. Débese conservar as tres liñas que se amosan. Se é o caso, engadir o logo no espazo adecuado.
    Tense que usar a fonte tal é como se amosa e tamén os espazos e proporcións.

  • Unha vez feitos os cambios Seleccionar todo e copiar desde o menú Editar.

A continuación editarase a imaxe con GIMP para poder pasar a formato png (onde se pode poñer transparencia) e escalarase ao tamaño axeitado (o tamaño máis indicado dependerá do seu encaixe no tema elixido).

  • Abrir Gimp. 
  • Como xa está no portapapeis o logo que se acaba de copiar en Draw, ir a Ficheiro>Crear>Desde o portapapeis e xa se abre unha pestana co logo.
  • Desde o menú Imaxe > Escalar imaxe poñemos os píxeles máis adecuados á plantilla e á zona donde queremos poñer ese logo. Neste exemplo poñer a 600px de Anchura.
  • No menú Ficheiro > Exportar como (Export As) poñemos un nome con extensión .png e o sitio onde se quere gardar e dar no botón Importar, aparece outra ventana e volver a dar en Exportar.
  • O resultado será similar a este:

logo corporativo


Ver video do procedemento a seguir:

Última modificación: Luns, 5 de Decembro de 2022, 13:52