Mensaxes

O bloque Mensaxes constitúe un sistema de mensaxería interna do sistema. Permite a comunicación directa entre todos os usuarios do sitio sen necesidade de usar o correo electrónico.

mensaxes
Unha das principais características deste bloque é que é un sistema enteiramente Web, é dicir, tan só necesita o navegador para utilizalo (non require coñecer un enderezo de correo electrónico nin un cliente de correo). A lista de direccións potenciais correspóndese coa lista de participantes do curso.

Outras características son que o sistema dispón de fiestras emerxentes en tempo real, copias por correo electrónico, bloqueo de usuarios, historial e editor WYSIWYG.


Xa levamos visto unha forma de enviar mensaxería interna. Pero hai dúas formas máis:
  • Desde o bloque de Usuarios en liña, facendo clic na icona con forma de sobre que hai á dereita do nome da persoa á que desexamos enviar a mensaxe.
  • Desde o bloque de Mensaxes, facendo clic na ligazón Mensaxes, e despois no nome do contacto escollido. No caso de que o destinatario da mensaxe non apareza na lista de contactos, haberá que buscalo na pestana para este fin
A seguir, desde a fiestra de Mensaxe, tecléase a mensaxe e faise clic no botón Enviar mensaxe. Se mantemos aberta a fiestra de conversa cun usuario, esta refrescarase automaticamente cada 60 segundos.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06