Comezando a editar un curso.

A páxina principal do curso divídese en seccións ou Temas do curso. O curso créase engadindo recursos e actividades que sempre podemos volver a editar. Ao escribir en Moodle temos varios formatos do texto incluíndo HTML.

O gráfico inferior móstranos un curso novo con formato de temas, a edición está activada e vemos uns bloques nos lados dos temas ou seccións. Os recursos e as actividades pódense agregar agora.


curso

Para agregar ou editar actividades ou recursos necesitamos activar a edición. Podemos facelo mediante un clic no botón de "Activar edición" na parte superior dereita da páxina principal ou pulsar na ligazón Activar edición do bloque de Administración. Podemos desactivar a edición pulsando o mesmo botón ou ligazón do bloque de Administración (agora renombrado como Desactivar edición).


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06