¿Que é Moodle?

Moodle é un Sistema de Xestión de Cursos (CMS - Course Management System) enmarcado dentro dos Entornos de Aprendizaxe Virtual (EVA's) consistente nunha potente aplicación web que os educadores poden usar de forma efectiva para crear cursos a través de Internet.

A palabra Moodle era ao principio un acrónimo de "Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment" (Contorno de Aprendizaxe Dinámico Orientado a Obxectos e Modular), o que resulta fundamentalmente útil para programadores e teóricos da educación. Tamén é un verbo que describe o proceso de deambular preguizosamente a través de algo, e facer as cousas cando se te ocorre facelas, unha pracenteira chapuza que a miúdo te leva á visión e a creatividade. As dúas acepcións aplícanse á maneira en que se desenvolveu Moodle e á maneira en que un estudante ou profesor podería aproximarse ao estudo ou ensino dun curso en liña. Todo o que usa Moodle é un Moodler.








moodle
Características máis salientables:

  • Contorno de aprendizaxe modular e dinámico orientado a obxectos, simple de manter e actualizar.
  • Agás o proceso de instalación, non necesita practicamente de "mantemento" por parte do administrador.
  • Dispón dunha interface que permite crear e xestionar cursos fácilmente. Os recursos creados nos cursos pódense actualizar.
  • A inscrición e autenticación dos estudantes é sinxela e segura.
  • Resulta moi fácil traballar con el, tanto para o profesorado como o alumnado. Detrás del hai unha gran comunidade que o mellora, documenta e apoia na resolución de problemas.
  • Está baseado nos principios pedagóxicos construtivistas: a aprendizaxe é especialmente efectiva cando se realiza compartíndoo con outros.



Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06