5.0 Módulo SWF Tools

Este módulo foi seleccionado para poder facer unha integración do vídeo en streaming dentro das páxinas de contido elaboradas.

Unha vez que teñamos este módulo instalado no noso Drupal, abondará con adxuntar ao contido un ficheiro de vídeo en formato FLV (Flash Vídeo). Unha vez publicado o contido xa aparecerá de forma automática o reprodutor para poder visionar o vídeo dende a web.

Se ao contido adxuntamos varios vídeos, poderemos velos no mesmo reprodutor. Tan só é necesario premer sobre a frecha de avance ou retroceso para ir navegando polos vídeos que se xunten.

Para obter máis información sobre a descargar de vídeos en formato FLV e conversión de outros formatos de vídeo (AVI, MPG...) a FLV, visitar o punto 10.1 desde curso [enlace].

Problemas comúns

Aínda que este módulo foi seleccionado e integrado ao proxecto de Webs dinámicas para empregarse no caso dos vídeos, tamén permite a reprodución tanto de audio como de imaxes (ver apartado 4.4).

Reproductor de audio con SWF ToolsAudio

O problema que presenta este módulo para ofrecer os arquivos de audio é que o reprodutor de audio tamén presenta unha xanela para amosar o vídeo.

Como neste caso non hai vídeo o que aparece é unha imaxe do logo de "drupal.org".

Esta imaxe non se pode cambiar a non ser que se acceda a través de FTP e se realice o cambio directamente na carpeta do módulo (actualmente non se pode acceder por FTP). Pero desde a administración do modulo non existe a posibilidade de facer personalización algunha.

Entón resulta un módulo moi pouco atractivo e funcional para a reprodución de audios, polo que desde o proxecto Webs dinámicas estanse estudando outros módulos que permitan un uso máis apropiado deste tipo de arquivos.

En calquera caso, indicar que o formato de audio admitido por este módulo é unicamente o MP3. Outros tipos de formatos poderán ser adxuntados ao contido, como WAV, MIDI, pero non se van a reproducir mediante este módulo.

Imaxes con SWF ToolsImaxes

Para o emprego deste módulo con imaxes teremos que ter en conta a seguinte consideración.

Se temos o módulo configurado para que tamén afecte as imaxes adxuntas (no apartado 4.4 veremos como realizar esta configuración) entón nun contido podemos adxuntar unha ou varias imaxes que se reproducirán no visor.

Aquí non ten moito sentido adxuntar unha soa imaxe, xa que para iso xa a publicamos directamente no corpo do contido.

Pero si pode resultar interesante para poder publicar varias imaxes e poder velas todas elas no mesmo visor a medida que pulsamos a frecha de avance do reprodutor.

 Módulos activos SWF ToolsActivación do módulo SWF Tools

Dentro do paquete de SWF Tools ofrécense varios módulos que poden ser activados. A continuación podemos ver unha lista de todos eles así como cales serían os tres que deben de estar activados para un correcto funcionamento.
  • 1 Pixel Out
  • Flash Filter
  • jquery.flash.js
  • Quicktime
  • SimpleViewer
  • SWF Tools --> Activo
  • SWF Tools Integration --> Activo
  • SWFObject
  • UFO
  • Wijering Flash --> Activo


----------
Máis información sobre este módulo: http://drupal.org/project/swftools
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06