Xestionar un taller

          Unha vez que o taller foi editado e posto en marcha os alumnos poden comezar a participar nel. O primeiro que farán cando accedan será visualiza-los exemplos de envío  e a valoración do profesor no caso de que existan.

          Cando o estudiante xa ten idea do que ten que facer pode comeza-lo envío de seu traballo. A medida que os seus compañeiros fagan tamén envíos (pero só despois de entrega-lo seu) pode comezar cas valoracións dos mesmos ata cubri-lo número deles definido na configuración do taller. Tanto o envío coma as valoracións poden ser editadas durante os primeiros 30 minutos desde que son subidos a Moodleco fin de facer corrección sen que o profesor os vexa. O mesmo ocorre cas avaliacións que fai o profesor.

          Se dede a páxina do curso o profesor accede ó taller ábreselle a páxina de xestión do mesmo. Nela aparecen en primeiro lugar as características máis importantes do taller xunto cunha ligazón ó 'Formulario de Mostra de avaliación' a partir do que os estudantes avalían a outros xunto coa icona de edición. Ten que se ter en conta que unha vez comezadas as caloracións por parte dos alumnos non se debe cambia-lo número de elementos da valoración nin a escada ou peso de cada un deles. pódese cambia-lo texto que define o criterio de avaliación pero é pouco recomendable pois pode alterar de forma artificial os resultados do taller.

          As características principais do taller pódense modificar facendo clic sobre o botón [Actualizar Taller] na parte superior dereita da páxina de xestión. Si, pola contra, faise clic sobre o epígrafe 'Amosar descripción de Taller' aparecerá o texto ó que teñen acceso os estudantes cando abren o taller.

          Na páxina de xestión aparece tamén unha táboa na que cada fila contén a informaciñon dun alumno agás a primeira na que figuran as categorías que describen as columnas. Facendo clic sobre o nome dunha desas categorías cámbiase o ordenamento no que aparecen os alumnos podéndose invertir só con pulsa-la frecha negra.

          O contido da información que está nas distintas columnas descríbese se seguido:

  • Na primeira figuran o nome e o apelido do estudante.
  • Na segunda aparecen as cualifiacións que os estudantes puxeron a outros compañeiros desa avaliación (que é automática en principio, polo uqe aparecerá entre paréntese, pero pódese editar polo profesor, quiedando entre corchetes). Os elementos desta columna funcionan como ligazóns para ver cada avaliación polo miúdo.
  • Na terceira columna vese a cualifación total polas avaliacións que obtivo o alumno. É a media aritmética das cualifaicións de tódalas avaliacións que ten feito.
  • Na cuarta e quinta columnas aparecen as ligazóns ós envíos feitos por cada estudante co nome do envío e a data de entrega dos mesmos.
  • Na sexta figuran as avaliacións do envío feitas polo profesor xunto ca icona de edición para cambia-la cualificación ea de eliminar.
  • A sétima columna contén as cualificacións dadas por outros estudantes ó envío da cuarta columna. En xeral, haberá máis dunha cualificación dos alumnos a cada envío, pero isto depende do número de avaliacións que lle se pida a cada estudante e ó nivel de asignación por execeso elixido na configuración xeral do taller. Do mesmo xeito que na segunda columna, as entradas son ligazóns ás avaliacións. Entre chaves figura a cualificación do envío por un compañeiro e entre paréntesis (se é automática) ou corchetes (se é manual) a cuialificación da avaliación.
  • Na oitava columna aparecen as cualificacións dos envíos calculadas coma a media ponderada da cualificación que da o profesor e a que dan os compañeiros. Dita ponderación é a que foi elixida nas opcións xerais do taller.
  • Por último, a novena columna contén a cualifación total da actividade como suma da cualifiación de envíos máis a das avaliacións.

          Tamén é posible visualizar toda esta información polo miúdo facendo clic na ligazón [Administración] que aparece na parte superior esquerda da páxina, xusto debaixo do botón [Actualizar Taller]. Neste caso aparecerá unha primeira táboa titulada 'Estudantes Avaliacións] na que se especifica que envíos calificou cada alumno e se liga cos informes das súas avaliacións. Outra táboa co nome 'Estudantes Envíos' contén os títulos das entregas xunto cas cualificacións dadas polo profesor e os alumnos, as datas de entrega e unha serie de ligazóns que permiten cambia-lo título dos envíos, volver a avaliar, compara-los distintos informes de avaliación dun envío ou borrar.

          Para abandoar a páxina de administración do taller débese facer clic no botón [Continuar] da parte inferior da páxina.

         Tanto cando se visualiza toda esta información nunha única táboa ou en dúas, aparece unha lenda dos símbolos que figuran nas mesmas. Tamén se indican os valores máximos que é posible acadar na clasificación dun envío e dunha avaliación.

          Por último, pódese ver unha táboa chamada 'Cualificación de cualificacións. Análise' na que se amosan os resultados dun sinxelo estudo estatístico que Moodle fai sobre esa parte do taller. Dese estudo amósanse a cualificación media, máxima, mínima, e a desviación estándar calculada da forma clásica.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06