Introdución

Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Usuarios

Como este é un curso para administradores, debemos dispoñer dun nome de usuario (co seu contrasinal) que teña permisos de administración, senón non poderemos modificar determinadas cousas. Isto podémolo apreciar nas seguintes imaxes de exemplo, de xeito que o usuario da esquerda non ten permisos, o do medio xa pode crear contido, e o usuario da dereita ademais de crear contido pode administrar.

navegación1
navegación2
navegacion3

É posible que ao escoller a opción de administrar, cambien as cores, tipo de letra, etc. Iso é debido a que o tema ou plantilla do administrador é distinta da plantilla xeral da web. Por suposto isto tamén é configurable, pero convén que sexa distinta para que se aprecie perfectamente cando estamos administrando a páxina.




No momento que prememos en administrar, despréganse as opcións de administración, entre as que está Mantemento de usuarios. Se prememos nesta opción vólvense a despregar para mostrar tódalas opcións de xestión de usuarios.
administrar usuarios

Podemos ver que ademais de irse despregando no menú as correspondentes opcións, na parte central da pantalla tamén se nos van despregando as mesmas, polo que se sabemos onde debemos ir, podemos ir directamente á pantalla central despois de premer no menú Administrar.

Listaxe de usuarios

Seguindo a ruta indicada ao inicio desta páxina accedemos á lista de Usuarios.

No centro da pantalla aparecen tres pestanas, a de Lista, Engadir usuario e Notificacións.

usuario2

Por defecto xa aparece activada a opción de Lista, que nos mostra os usuarios existentes na plataforma, así como o seu estado, o rol ao que pertencen, o tempo que levan no sistema e mais a última vez que accederon. Tamén na parte dereita podemos ver un enlace para editar os valores de cada usuario.

usuario3



En caso de existir moitos usuarios no sistema, poderiamos facer un filtro por roles, permisos e estado dos usuarios.

Nos centros educativos, esta opción de filtro non debería ser necesaria, xa que os usuarios nunca pasaran dunha cantidade reducida, polo que se poden ver todos nunha ou en dúas páxinas.

usuario1









Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06