Plantillas

Ruta: Administrar > Contrución da páxina > Plantillas

Plantillas

As Plantillas, tamén coñecidas como Temas, son as responsables do aspecto estético da nosa páxina.

O Proxecto Webs Dinámicas ofrece dentro do modelo que se instala aos centros educativos unhas plantillas determinadas entre as cales os centros poden escoller unha para empregar como predeterminada e fixa así o seu estilo.

Na páxina oficial do proxecto Drupal (http://drupal.org) existen moitas máis plantillas que as ofertadas e constantemente están aparecendo novos deseños. Que pasa se un centro quere unha plantilla pero esta non está na lista das dispoñibles no modelo instalado

Nestes casos o centro educativo deberá poñerse en contacto cos responsables do proxecto a través do correo websdinamicas@edu.xunta.es e propoñer a instalación da nova plantilla. Deste o proxecto realizarase un estudo e comprobación de viabilidade e se dita plantilla se considera de interese, entón poñerase a disposición de tódolos centros.

Lista de plantillas

  • Captura de pantalla: desde a pestana de Lista podemos ver todas as dispoñibles. Cada plantilla presenta unha captura de pantalla para poder ver que aspecto presenta.
  • Nome: na segunda columna indícase o nome da Plantilla e tamén a súa ruta (dentro do diretorio themes).
  • Activado: na terceira columna aparece unha casilla de verificación que permite aos administradores Activar ou non dita plantilla. Activar unha plantilla significa que esta poderá ser usada polos usuarios autenticados no noso portal. Por exemplo, se na lista dispoñemos de 111 plantillas e activamos 3 delas, os usuarios autenticados (que teñan conta de usuario) poderán elixir cal desas 3 queren usar eles para a súa conta, e así poden personalizar a súa vista do sitio web. A elección de cada usuario non afecta aos demais usuarios do portal, é individual.
  • Por defecto: nesta columna preséntasenos un botón de opción para que o administrador decida cal de entre os temas Activados (no punto anterior) é o que se establece por defecto. Este tema será o que verán todos os usuarios anónimos (que non teñen conta) do portal e tamén o tema que verán orixinalmente os usuarios autenticados mentres non elixan eles outro dos dispoñibles.
    Truco: se tan só activamos un único tema, todos os usuarios do portal, sexan autenticados ou anónimos, verán o portal co mesmo tema, xa que así non damos opción a que os autenticados seleccionen outro diferente.
  • Operacións: na última columna aparecerá un enlace para acceder á configurar os temas que se teñan activos. A continuación veremos as opcións de configuración.

Opción de configuración de plantillas

Configurar plantillas

    Para acceder á configuración das plantillas temos dúas posibilidades:
    1. Acceder desde a pestana Configurar situada na parte superior. Desde aí accederemos as configuracións globais.
    2. Acceder desde o enlace configurar situada na fila das plantillas que estean activas.

Configuracións globais

Configuraremos aquí as opcións predeterminadas para tódolos temas. Posteriormente poderemos personalizar esta configuración en cada un dos temas.

Cambiar a visualización: permítenos amosar ou non certos elementos nas páxinas, que son os seguintes:

  • Logo: podemos decidir se queremos amosar o logo ou non. O logo configurase nesta sección, como veremos máis abaixo.
  • Nome do sitio: desde aquí decidimos se se quere amosar. Desde a ruta: Administrar > Configuración da páxina > Información da páxina é onde se establece o nome do sitio, o eslogan e tamén a misión, como veremos no seguinte capítulo deste curso.
  • Slogan do sitio: igualmente, decidimos se amosalo ou non.
  • Frase coa misión: igualmente, decidimos si amosalo ou non.
  • Foto do usuario nos seus envíos: para que funcione esta opción debería estar previamente activado a opción de Soporte para fotos que podemos atopar na ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Configuración de usuario. Esta opción de soporte para fotos vai desactivada por defecto.
  • Foto do usuario nos seus comentarios: igualmente que no caso anterior, para que funcione debe estar activado a opción de Soporte para fotos.
  • Caixa de busca: se está activada aparecerá no encabezado. Sempre temos a opción de colocar a caixa de busca onde queiramos utilizando os bloques.
Caixa de busca
  • Icona de acceso rápido: tamén chamada favicon, é a imaxe que aparece á esquerda da barra de enderezos do navegador. Normalmente son imaxes coa extensión .ico e cun tamaño de 16x16 píxeles. Por defecto aparece o logo de Drupal, pero podería personalizarse desde esta páxina de configuración (ver un pouco máis abaixo).
Icona de acceso rápido

Amosar a información dos envíos: activa ou desactiva o texto "Enviado por usuario en data" cando se amosan os envíos. Podemos activalo ou desactivalo dependendo do tipo de contido. Por defecto esta información dos envíos vai marcada para todos os tipos de contido agás para o tipo de contido Páxina. Deste xeito podemos dispor dun tipo de contido (Páxina) para cando desexemos enviar unha información sen que apareza o nome do usuario que a creou. (Nota: aínda que nun contido apareza ou non a información dos envíos, os administradores sempre poden comprobar a que usuario pertence cada contido creado no portal, editando dito contido e observando a opción de Información do autor).

Amosar información dos envíos

Configuración da imaxe do logotipo: dende esta ventá de configuración podemos subir unha nova imaxe que desexemos empregar como logotipo do portal do centro. Na páxina oficial do Proxecto Webs Dinámicas temos a imaxe corporativa da Xunta de Galicia e é así como se envía no modelo ós centros. Cada centro pode modificar esta imaxe pero deberá deixar visible o logo da Xunta nalgún lugar visible da súa páxina.

Configuración da imaxe do logotipo

Opcións de iconas de acceso rápido: Denominado "favicon" é o símbolo que aparece á esquerda da dirección na "barra de direccións" do noso navegador. En ocasións as propias plantillas traen unha icona personalizada. Nós sempre poderemos modificala dende aquí.

Opcións das iconas de acceso rápido

Configurar unha plantilla determinada (b7): Nesta pantalla podemos configurar as opcións para unha plantilla determinada. Esta ventá é a mesma á que podemos acceder a través de "Plantillas > Lista > Nome da plantilla > Configurar". Existen certo tipos de plantillas que ofrecen funcionalidades extras ás predeterminadas en Drupal e que serían configurables nesta ventá.

Configurar plantilla B7

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06