Creación automática dun bloque que enlaza co último álbum creado na galería

O módulo node_album crea de xeito automático un bloque que enlaza co último álbum público creado na Galería.

Funciona do seguinte xeito:

  • Crea un novo bloque con descrición "Node Album: Último álbum da Galería" e título por defecto "Último álbum",  que amosa unha imaxe en miniatura do último álbum público creado na Galería.
  • Se ó ultimo álbum público creado na Galería non ten ningunha imaxe subida, o bloque estará baleiro e polo tanto non será visible.
  • Se o álbum ten escollida unha das súas imaxes como miniatura, será esta imaxe a que se amose. No caso contrario amosarase a primeira imaxe subida ao álbum. 
  • Esta imaxe fará de enlace coa páxina de miniaturas do álbum na Galería.
  • Debaixo da imaxe amosa un texto coa categoría na que está o álbum e o título do mesmo (Nome da categoria -> Título do álbum) de xeito que o nome da categoría enlaza coa páxina da categoría e o título do álbum enlaza coa páxina de miniaturas do álbum na galería.
  • A imaxe amosarase cun ancho máximo de 200 px. 
    • O ancho de visualización da imaxe decídese en función da variable de configuración da Galería que define o tamaño das miniaturas, que é a variable "Configuración de miniaturas / Dimensión máxima da miniatura". Así, se este valor é maior que 200px a imaxe amosarase cun ancho de 200 px e se é menor ou igual amosarase con ese valor como ancho.
  • O bloque creado inicialmente está na rexión de Desactivados, polo que non será visible ata ser colocado na rexión desexada do noso sitio web.

Última modificación: Mércores, 4 de Marzo de 2020, 12:50