Creación dun Slide con carrusel (Jcarousel)

Partindo da configuración anterior:

  • Activación dos módulos necesarios (Administrar > Construción do sitio > Módulos): Views Slideshow: JCarousel

Activar Jcarousel

  • Creación dun preset para as miniaturas de 80 x 80 píxeles (Administrar > Construción do sitio > Imagecache)

preset 80x80

  • Activación dos permisos (módulo imagecache) para o novo preset en función dos distintos roles (Administrar > Xestión de usuarios > Permisos)

permisos preset

  • Modificar o tipo de contido slide engadindo un novo campo para as imaxes co preset 80x80.
  • Modificar a vista anterior (Administrar > Construción do sitio > Vistas), engadindo un campo máis para as miniaturas do carrusel: Contido: miniatura 80x80 image

Vista modificada

  • O campo miniatura convén excluílo da visualización, pois só interesa que apareza para a selección das imaxes mediante as miniaturas: Marcar a opción "Excluír da visualización".

excluir visualizacion

  • Finalmente, na "Configuración do estilo", "Estilo: SlideShow", seleccionar en "Pager Type": "Jcarousel Pager"
    • Pódense escoller aspectos como a orientación (Horizontal), número de imaxes a amosar (Number of visable pager Items), transicións entre imaxes (Scroll), velocidade (Speed of the transition), etc

jcarousel

  • O resultado final será o seguinte

Resultado final

Última modificación: Xoves, 23 de Marzo de 2017, 16:03