5. Activar o bloque para visualizar o resultado

Só resta activar o bloque correspondente para amosar o resultado da vista. (Este bloque creouse automaticamente ao engadir un display de tipo bloque no proceso de creación da vista).

Inicialmente estará na rexión de "Desactivados".

O seu nome será: "View: slide: bloque_slide"

Podemos poñelo, por exemplo, na rexión "Bottom content" e gardar os cambios.

O bloque co slide xa debera estar funcionando de xeito correcto.

Este bloque aparece por defecto aliñado á esquerda.


OPCIONAL: CENTRAR O CONTIDO DA VISTA

Pódese centrar o resultado da vista anterior dun xeito sinxelo con código PHP:

Este código é válido tanto para poñer no medio dun contido ou para crear un bloque específico

Neste caso crearase un bloque específico:

Administrar > Construción do sitio >Bloques > Engadir un bloque

  • Co texto enriquecido desactivado, copiar o seguinte código. Substituír o texto en amarelo:
    • Polo nome da vista en $viewname.
    • Polo nome de sistema do bloque en $display_id.

<div align="center">

<?php

$viewName = 'slide';

$display_id = 'bloque_slide';

$myNodes = array(1, 2, 3);

print views_embed_view($viewName, $display_id, $myNodes);

?>

</div>

  • En formato de entrada, seleccionar "PHP Code".
  • Gardar os cambios.
  • Activar o bloque creado na rexión correspondente.
Última modificación: Martes, 14 de Marzo de 2017, 13:26