Imaxes

Imaxes

As imaxes son un dos recursos máis empregados á hora de facer as nosas publicacións.

Poderiamos empregar as imaxes de dúas formas.

  • De forma referenciada, coñecendo a URL dunha imaxe que xa está sendo empregada en Internet (pouco recomendada esta opción, porque sempre dependeremos de que dita imaxe siga existindo, siga estando publicada. No momento no que o autor da mesma decida quitala, eliminala... tampouco aparecerá nos nosos contidos onde esté sendo utilizada deste xeito referenciado).
  • Publicando imaxes propias. Para iso previamente deberemos ter o arquivo da imaxe que desexamos empregar no noso ordenador. Subirémola a Internet no momento de realizar a publicación do contido.

En calquera das situacións anteriores, para inserir unha imaxe seguiremos os pasos que se indican a continuación:

  • Fixar o punto de mira: dentro do contido do corpo da nosa publicación, situaremos o cursor (parpadeando) no lugar onde desexamos inserir a imaxe.
  • Unha vez fixado o lugar, premeremos sobre o botón que leva unha árbore por imaxe.Inserir imaxe

Aparecerá unha xanela que nos ofrece varias opcións:

Xanela inserir imaxe

URL da imaxe (enderezo da imaxe): neste campo teremos que indicar o enderezo da imaxe a empregar. Aínda que se podería empregar a URL dunha imaxe coñecida, como dixemos máis arriba, o habitual será que carguemos a nova imaxe que imos a empregar. Para cargar a nova imaxe debemos:

  • Premer sobro o botón Examinar Botón Examinar, situado á dereita do campo Dirección da imaxe, para localizar no noso equipo a imaxe que desexamos subir.

Examinar para localizar a imaxe no disco duro

  • Aparecerá unha nova xanela que nos amosará a ferramenta do navegador de arquivos. Esta ferramenta está dividida en tres partes:
    1. Listado das imaxes subidas á carpeta do usuario (parte superior)
    2. Vista previa da imaxe seleccionada (parte central)
    3. Cargador de novas imaxes (parte inferior)
       
Navegador de imaxes

O primeiro que debemos facer é cargar a nova imaxe, polo que premeremos sobre o botón Upload  (Cargar ficheiro) na parte superior esquerda da xanela, donde se abrirá unha pequena xanela para poder buscar a imaxe no noso equipo. Unha vez atopada damoslle ao botón Subir:
Seleccionar e subir imaxe

Nuns segundos, dependendo da velocidade de conexión, xa quedará cargada a imaxe e xa a poderemos ver na parte de vista previa. Para engadila definitivamente ao contido que estamos editando podemos facer dobre click sobre a imaxe ou tamén, na parte superior, premer sobre a opción 'Insert file' (Inserir ficheiro). A xanela do navegador de arquivos pecharase automaticamente e regresaremos sobre a xanela de Insertar/editar imaxe, onde xa aparece cuberto o campo de Dirección da imaxe.

Inserir/editar imaxe con URL da imaxe cuberta

Outras opcións que podemos especificar para a imaxe desde esta xanela son:
  • Descrición da imaxe: insire o valor da etiqueta ALT á imaxe, descrición necesaria por temas de accesibilidade.
  • Aliñación: recoméndase que se escolla entre as opcións de 'esquerda' ou 'dereita' para aliñar a imaxe a un lado ou a outro do texto escrito.
  • Dimensións: por defecto xa se establecen as que ten a imaxe orixinal, aínda que poderían modificarse.
  • Borde: se desexamos que a imaxe quede rodeada por un borde deberemos especificar o número de grosor en píxeles. A presenza do borde pode estar condicionada polo uso de determidos estilos e/ou navegadores.
  • Espazo vertical: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos por arriba e por abaixo (na vertical) se separarán da imaxe. Valor recomendado: 5.
  • Espazo horizontal: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos se separarán da imaxe na horientación horizontal evitando así, por exemplo, que o texto quede pegado a imaxe. Valor recomendado: 5.
Podemos ver o resultado final na seguinte imaxe:

Edición da imaxe

Para rematar, xa só nos queda premer sobre o botón 'Gardar' unha vez que teñamos a páxina rematada coas imaxes necesarias incluídas.

Última modificación: Martes, 14 de Febreiro de 2017, 11:30