Inserir audio

Un dos elementos multimedia que se poden empregar nas nosas páxinas web son os ficheiros de audio. Para iso contamos cun tipo de contido específico: Audio.


Este tipo de contido vai a permitirnos incorporar ficheiros de audio, en formato MP3, WAV ou OGG, para ser reproducidos directamente desde as páxinas, sen necesidade de descargalo previamente (reprodución en streaming).

Como xa se comentou anterioremente, os usuarios autenticados nos portales web dos centros educativos pode ser que non estén autorizados a crear estes tipos de contido Audio. Sería necesario poñerse en contacto co equipo de administradores do centro para que lles otorgasen os permisos necesarios.

Hai que ter en conta que non todos os ficheiros de audio son susceptibles de ser publicados nas páxinas web, xa que sobre os ficheiros musicais poden estar suxeitos a dereitos de autor e estar prohibida a súa emisión.

Crear un contido de tipo Audio.

Crear un contido de tipo audio vai ser tan doado como xuntar dito ficheiro. Desde o menú de usuario prememos sobre Crear contido > Audio.

O primeiro campo que nos aparece, como sempre, é o Título, que volve a ser obrigatorio (*). Pero nesta ocasión é algo especial.

Título de audio

Os ficheiros de audio soen levar tamén asociada certa información, como pode ser o título da canción ou narración, o artista ou autor, o álbum onde aparece publicada, o número de pista, o xénero musical ao cal pertece, o ano de publicación...

Toda esta información é recuperable por medio de etiquetas e así pódese empregar para compoñer, por exemplo, o título do contido que estamos a crear. Por iso, cando prememos na opción de menú para crear un tipo de contido audio, aparece xa o Título cuberto coas etiquetas: !artist - !title. Deste xeito, se non modificamos ditas etiquetas, automaticamente cando publiquemos o contido recollerá do propio ficheiro de audio estos valores e construirá o título correspondente.

Para que isto funcione obviamente o ficheiro de audio deberá estar correctamente etiquetado (ID3). En calquera caso, sempre podemos modificar o Título e poñer o que desexemos.

Corpo: na sección de corpo podemos acompañar o ficheiro coa información que desexemos. A forma de edición non difiere das vistas anteriormente noutros tipos de contido, xa que presenta os botóns para poder empregar o texto enriquecido e así podemos darlle formato ao texto, incluír ficheiros de imaxes, táboas, código embebido, etc.

Arquivo de audio (Audio File Info): nesta sección será onde temos que incluír (engadir) o ficheiro de audio desexado. O procedemento é igual que cando adxuntamos un ficheiro, premendo sobre o botón Examinar para buscar o arquivo no noso ordenador.

Arquivo de audio

Imaxes do audio: tamén podemos acompañar o ficheiro de audio con algunha imaxe, a modo de carátula. Para iso tamén temos que premer sobre o botón Examinar e buscar a imaxe no noso ordenador.

Imaxe para o audio

Finalmente, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos contemplar a nosa publicación do ficheiro de audio, listo para ser reproducido desde calquera lugar a través de Internet.

Audio publicado


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06