Os roles de usuario

A xestión básica de usuarios en Moodle parte da existencia de varios roles predefinidos (categorías de usuarios):

  • O Administrador en Moodle xestiona todo o sitio. Normalmente, supervisa a aparencia e a configuración da contorna de Moodle da súa organización.
  • Os Autores de curso teñen un nivel de privilexio que lle permiten creación de novos cursos. Ademais, poden asignar profesorado e actuar como profesor/a con privilexios de edición.
  • Un Profesor non editor ou Non-editing teacher é un rol similar ao de profesor, pero non ten permisos para alterar as actividades do seu curso.
  • O rol de Estudante é o tipo de usuario máis básico de Moodle. Xeral-mente, os estudantes acceden a Moodle e matricúlanse nun ou varios cursos.
  • Moodle proporciona unha conta de invitados denominada Guest ou Invitado. Para un curso dado, o profesor/a pode configurar se permite ou non o acceso a invitados. Estes usuarios teñen sempre acceso de só lectura, o que significa que non poden enviar mensaxes, editar páxinas wiki, contestar a cuestionarios, enviar tarefas, contribuír ao contido ou comentarios nos glosarios, nin interactuar cos alumnos e alumnas matriculados.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06