Crear preguntas

Hai dous camiños para comezar a creación de preguntas, dous camiños que conducen ao mesmo sitio de moodle: o contorno de edición de preguntas.

  • En primeiro lugar, podemos crear preguntas no mesmo momento de crear un cuestionario. Inmediatamente despois de configurar o corpo do mesmo, no momento de facer clic en [Gardar cambios] accedemos a un contorno con acceso á xestión de preguntas (ver imaxe seguinte)
preguntas
  • En segundo lugar, podemos editar preguntas, sen necesidade de crear un cuestionario, para ir dispoñendo de baterías de preguntas que logo podemos organizar de diferentes xeitos. O acceso directo ó contorno de edición de preguntas está no bloque 'Administración':
Veremos entón un contorno como o da imaxe seguinte:

banco de preguntas

O seguinte paso e despregar o menú [Crear unha nova pregunta] para escoller o tipo de pregunta. Nas seguintes explicacións veremos características de cada tipo de pregunta ó tempo que as creamos.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06