Xestionando o Wiki

Hai catro pestanas enriba da área de edición: Ver, Editar, Ligazóns e Historial:

pestanas

Observacións:

  • Cando abres unha wiki, tódalas páxinas móstranse en modo “Ver”.
  • Se queres editar unha páxina, preme na pestana “Editar” e verás a área de edición para esa páxina.
  • A pestana “Ligazóns” mostra as páxinas que teñen ligazóns apuntando á páxina que estas a ver. Podes usar isto para ver en que páxinas do resto da wiki se fai referencia a esta páxina.
  • A pestana “Historial” da acceso ás diferentes versións ao longo da historia da páxina.
  • Cando alguén preme no botón “Gardar”, crea unha nova versión da páxina wiki. Moodle mantén todas estas versións accesibles ata que as purgues .

A Figura seguinte mostra a páxina de historial para a primeira páxina da nosa wiki.

historial do wiki


Cada versión ten tres ferramentas que podes usar:
  • Explorar: Podes ver cada versión dunha páxina.
  • Traer de volta: Esto trae de volta unha versión vella da páxina para ser editada. Unha vez que gardes as túas modificacións, a nova páxina pasará a ser a versión máis actual da páxina.
  • Dif: Esto destacará as diferenzas entre dúas versións consecutivas da páxina. Os engadidos teñen un símbolo '+' próximo a eles. O que teñamos borrado terá un símbolo '-' ao seu carón.
wiki_dif
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06