Escolla

Para realizar este tipo de actividade seleccionaremos no despregable de Engadir unha actividade... a opción Escolla.

Escolla

Unha vez no formulario da actividade tipo Escolla cubriremos os seguintes campos:

  • Nome escollido: indicaremos o nome que lle queremos poñer á nosa actividade.
  • Texto escollido: é o enunciado da pregunta que se propón ao alumnado.
Nome e texto da escolla
  • Límite: empregaremos esta opción cando queiramos limitar o número de votacións que pode recibir cada unha das opcións da escolla. Por exemplo, pódese empregar para a creación de grupos con número limitado de membros.
  • Escolla 1, 2, 3...: serán as opcións de resposta, escolla, posibles á pregunta prantexada.

Escollas dispoñibles

Tamén teremos outras opcións como son o restrinxir a resposta a un período de tempo determinado ou poder publicar os resultados aos estudantes en diferentes situacións, por exemplo despois de que emitan a súa escolla.

Outras configuracións da escolla

Finalmente, prememos no botón Enviar e xa teremos a nosa Escolla dispoñible para o alumnado do curso.

Unha vez que cada alumno emita a súa resposta, o resultado quedará exposto dun xeito moi claro e visual.

Resultados

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06