Configuración cuotas ficheiros persoais

A configuración de cuotas dos ficheiros persoais pódese establecer na ruta Administrar » Configuración do sitio » IMCE

É posible establecer configuracións diferentes para cada rol (User-1 fai referencia á configuración do usuario webmaster: non tocar). As opcións máis relevantes neste apartado son as que se citan a continuación:

  • Tamaño máximo de ficheiro por subida: capacidade máxima de subida de un único arquivo.
  • Cuota total de usuario: Capacidade total de almacenamento para un usuario específico.
  • Extensións de ficheiros permitidas: especifícanse separadas por espazos en branco.
  • Maximum images dimensions: o tamaño máximo permitido dunha imaxe. (Non é conveniente empregar tamaños moi grandes).


NOTA:

  • Todos os ficheiros subidos por un determinado usuario a Webs Dinámicas almacénanse nun directorio específico de dito usuario.
  • Cada usuario pode acceder a dito directorio na ruta A miña conta » Explorador de ficheiros

Última modificación: Mércores, 21 de Marzo de 2018, 12:36