Inserir unha imaxe nun contido empregando o módulo Lightbox2

Inserir unha imaxe nun contido empregando o módulo Lightbox2

O módulo LightBox2 está dispoñible para todos os centros participantes no proxecto Webs Dinámicas pero non está activado por defecto. Polo tanto, previamente ao seu emprego, debe ser activado e configurado polo administrador do sitio web do centro.

O seu funcionamento está estreitamente ligado ao tipo de contido "Imaxe", producindo un efecto visual atractivo á hora de visualizar este tipo de contidos. En calquera caso, pódense aplicar as funcionalidadese e efectos de Lightbox2 con calquera tipo de contido que incorpore imaxes.

Os administradores das webs dos centros poden consultar a documentación relativa a este módulo, a súa configuración e mantemento no seguinte enderezo


Exemplo real de funcionamento
Podes ver un exemplo real de funcionamento do módulo Lightbox2 no "Portal Educativo da Consellería de Educación" na URL www.edu.xunta.gal, en concreto na sección "Os nosos centros".
Pulsa sobre a foto do centro educativo que se amosa en cada momento para comprobar o seu efecto.


Exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes inseridas nun contido tipo "páxina".

  • Creamos un novo contido, tipo "páxina".lightbox
  • Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text" (Deshabilitar o texto enriquecido).

lightbox

  • A continuación pulsamos o botón inferior "add images". (Esta opción aparece unicamente se o usuario ten permiso para crear contidos tipo imaxe)

lightbox

  • Na nova ventá, prememos o botón "subir a new image".

lightbox

  • Introducimos un título e en "Imaxe" seleccionamos unha imaxe para subir. Opcionalmente podemos indicar un corpo para a imaxe así subida. 

lightbox

  • Facer click en "Gardar".
  • Aparecerá unha nova ventá coa imaxe subida e un conxunto de propiedades da mesma, onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opción "Link to image page". En "Insert mode", seleccionar "HTML Code". Desde esta ventá pódese modificar o título e o corpo introducidos no paso anterior (aquí o corpo aparece como "Description"). O título e o corpo (description) serán visibles cando se visualice a imaxe co efecto lightbox. Tamén é posible especificar a aliñación para a imaxe subida no contido (miniatura).

lightbox

  • Finalmente pulsaremos o botón "Insert".  A forma de actuar deste módulo consiste en insertar de forma automática un código á imaxe para que entre en funcionamento ao facer clic sobre ela.
  • Para subir novas imaxes, co texto enriquecido desactivado, repetimos o proceso anterior premendo novamente na icona icona
  • Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de inserir 

lightbox


NOTA: Se o administrador ten configurado o módulo para que funcione en modo presentación xenerarase automaticamente un pequeno slide con todas as imaxes subidas. Así pois, podemos empregar este método para crear unha pequena galería de imaxes: o único que temos que facer é repetir o proceso anterior inserindo sucesivas imaxes. O módulo encargarase de crear con elas un pequeno slide ou pase de diapositivas.

NOTA: As imaxes subidas ao premer na icona iconarealmente son contidos de tipo imaxe que se almacenan na base de datos de drupal como nodos. Como administrador pódese comprobar este aspecto na ruta Administrar > Administración do contido > Contido

É importante non confundir coas imaxes subidas a un contido a través do módulo IMCE ao premer na icona IMCE . Neste caso, as imaxes subidas deste xeito non se convirten en nodos da base de datos.

Última modificación: Luns, 10 de Abril de 2017, 12:33