Círculos: Grupos de alumnado e matriculación

Xestión e organización do alumnado dun centro en círculos, e a súa matriculación nos cursos baseada nos círculos.

1. Introducción

Nas antigas versións 1.x de Moodle, o concepto de grupo existía só dentro de cada curso e así podía utilizarse para separar alumnado de distintos grupos-aula (p.e. 2ºA-ESO e 2ºB-ESO), ou para agrupar ao alumnado dunha mesma aula en distintos grupos de traballo. Así cada profesor debía crear os grupos precisos no seu curso e asignar a cada grupo o alumnado correspondente. Pero non existía unha definición de grupos a nivel da aula virtual que se correspondese cos grupos de alumnos do centro educativo. Esto implicaba que cada profesor para cada curso tiña que compoñer os seus grupos de alumnos.

Para solucionar esta carencia, as novas versións 2.x de Moodle ofrécennos o que chaman Círculos, tamén referidos como cohorts ou system-groups.

Estes Círculos son grupos nos que organizaremos o alumnado igual que se fai a nivel de centro educativo. Cada Círculo pode ser creado no contexto do sistema ou no contexto dunha categoría de cursos. No primeiro caso estarán dispoñibles para todos os cursos da aula virtual, e no segundo caso estarán dispoñibles nos cursos desa categoria e subcategorías.

Así, podemos crear un Círculo para cada un dos grupos de alumnado do centro educativo e logo utilizalos para matricular a todo o alumnado do grupo en cada curso, é dicir, que non temos que matricular en cada curso a cada un dos seus alumnos/as, senón que matricularemos nunha sóa operación a tódolos alumnos/as dun Círculo. Ademais os Círculos poden quedar sicronizados cos cursos e as altas e baixas que se produzan nos círculos reflexaranse automáticamente nos cursos, así se un alumno/a marcha do Centro educativo, ao dalo de baixa no Círculo do seu grupo tamén se dará de baixa nos seus cursos; se ven un alumno/a novo ao centro, ao inscribilo no Círculo do seu grupo, quedará matriculado automáticamente nos seus cursos. Se un alumno cambia de grupo no centro, ao cambialo de Círculo causará baixa nos cursos nos que estaba matriculado polo Círculo de orixe e será matriculado nos cursos do Círculo de destino.