Actividade: Crear unha ligazón a un arquivo

Crear unha ligazón a un arquivo

Nesta actividade imos crear unha ligazón a un arquivo previamente subido ó sistema de arquivos do curso.

1. Activa o modo edición se non estivera xa habilitado.

2. No menú despregable [Engadir novo recurso] do módulo 1 do teu curso, escolle [ligazón a arquivo ou páxina web]

3. Escribe nome: Texto chan.

4. Fai clic no botón [Escoller arquivo]. Ábrese o sistema de arquivos do curso. Ahí ten que aparecer o cartafol módulo_1 creado nunha actividade anterior.

5. Fai clic sobre [Módulo_1] para abrir o cartafol. Dentro ten que estar o arquivo "textochan.txt" subido nunha actividade anterior.

6. Fai clic na palabra [Escoller] situada á dereita do nome de arquivo "textochan.txt"

7. Fai clic no botón [Gardar cambios]