Actividade: Crear un foro.

Crear un foro

Nesta actividade imos engadir un foro ó noso curso.
Segue os seguintes procedementos dentro do teu curso:

1. No teu curso, [activa o modo edición] se non estivese xa habilitado.

2. Selecciona [Foro] no menú [Engadir actividade] no primeiro despregable que apararece (situado por riba do módulo 1; esto fará que o módulo se sitúa a continuación da introducción ó curso.

3. Para os datos de configuración do foro usa os seguintes:

  • Nome: "Buzón de suxestións e dúbidas"
  • Tipo de foro: [Foro para uso xeral].
  • ¿Pode un alumno poñer mensaxes neste foro?: [Permitir debates e respostas].
  • Tamaño máximo de arquivo adxunto: [Non se permite subir arquivos].
  • Empregar valoracións: [non] (caseliña sen marca).

(deixa o resto das opción como están por omisión)

4. Fai clic en [Gardar Cambios].