Este foro creouse co obxectivo de coñecer as opinións de todo o equipo docente sobre o uso da Tecnoloxía dixital no centro. Para acadar este obxectivo abriranse distintos fíos de debate para que todo o claustro poda dar a súa opinión sobre os temas indicados, ou outros temas relacionados que lle preocupen, así como facer propostas de mellora, etc. Agradecemos que as cuestións que non estean relacionadas co tema principal se traten por outras vías. Esperamos a vosa participación.