1ºBAC
O pasado día 1 presentouse no centro sociocultural de Negreira o libro Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade. A prensa, como non podía ser menos, foi testigo deste emotivo acto. (Ir á noticia)
ACTOS DE PRESENTACIÓN DO LIBRO "XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE",PUBLICADO POLO IES XULIÁN MAGARIÑOS.
O libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨ aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia. O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra.
Na primeira quincena de decembro vaise facer a presentación pública do libro Xente e Terra de Barcala. Letras da Mocidade, coas seguintes convocatorias:
- En NEGREIRA: Auditorio do Centro Sociocultural. Venres, 1 de decembro ás 20:30 h.
- Na BAÑA: Centro Social e da Terceira Idade. Venres, 15 de decembro ás 20:30 h.
Durante esta semana terán lugar no centro diversas actividades para concienciar á comunidade educativa e en especial aos xóvenes contra a violencia machista. Entre esas actividades estarán a proxección de diversas curtametraxes, conferencias, un recital poético ou a gravación de videoclips.
O proxecto "Nicradome: Sistema de conectores rápidos para ensamblado de cúpulas xeodésicas" ven de obter o premio Desafío Impresión 3D na categoría senior nos Premios de Innovación Educativa "Desafío STEM" convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns a todo o alumnado da materia de Modelado e Impresión 3D do curso 2016-2017 e especialmente a Fátima Fathallah, Miguel Ángel Corral, Miguel Blanco e Brais García, titorizados polo profesor Jesús García.
Deseñouse un sistema de 26 conectores imprimible nas impresoras 3D do instituto, fácilmente escalables e adaptables a todo tipo de listón cadrado de madeira, de xeito que permiten a rápida montaxe de cúpulas xeodésicas de tipoloxía 2V de tamaño variable.
Achégase o calendario de inicio de curso.
Pulse na imaxe para ver en formato grande e descargar o documento orixinal en formato PDF.