Skip to Content

Protocolo de adaptación

Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19

O presente protocolo ten por obxecto crear contornas escolares saudables e seguras mediante o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse dende o inicio do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por Covid-19. Inclúe as medidas de detección precoz dos casos e a súa xestión axeitada, así mesmo, en cumprimento do previsto na Orde da Consellería de Sanidade do 28 de agosto, incorpora, cando non estaban detalladas previamente, as medidas relativas a centros educativos declaradas como actuacións coordinadas en saúde pública, de acordo co establecido no artigo 65 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema nacional de saúde, e recollidas na Orde comunicada do ministro de Sanidade, do 27 de agosto de 2020, pola que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte á Covid-19 para centros educativos durante o curso 2020/20211. O documento é de aplicación aos centros públicos de ensino non universitario e, adaptado ás súas peculiaridades, aos centros privados concertados que imparten ensinanzas non universitarias.

O conxunto de medidas incluídas no presente protocolo foron examinadas polas autoridades sanitarias autonómicas, porén son obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren.

As circunstancias que tiveron lugar con posterioridade ao 22 de xullo de 2020, versión inicial do documento, fan aconsellable realizar unha modificación en determinadas medidas que figuran a continuación en cada un dos epígrafes nos que se regulaban as medidas anteriores.

Preme na seguinte ligazón para consultar o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (Versión 04-11-2020)

Distribuir contido


by Dr. Radut