Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto / Axudas de material

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a compra de material escolar para o curso 2021/2022

Prazo de presentación de solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde. O noso centro participa no proxecto EDIXGAL en todos os cursos da ESO.

Este centro facilitará ordenadores a todo o alumnado da ESO e o seu fondo propio de libros de texto a aqueles que o soliciten no impreso de matrícula.

Información sobre o procedemento e solicitude na sede electrónica

Descarga do modelo de solicitude (Anexo I) e Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II - Obrigatorio: debe conter todas as sinaturas dos membros computables).

Información básica sobre as axudas e a súa tramitación

Orde fondo solidario (DOG) e Extracto



page | by Dr. Radut