Skip to Content

O departamento de Orientación do IES Xoán Montes vén de recibir un recoñecemento polo seu labor

 

O Departamento de Orientación do IES Xoán Montes acadou o recoñecemento polo seu compromiso e traballo que desenvolve desde hai anos coa fundación ALAR Galicia, dependente da Xunta de Galicia. O programa é o Proxecto Coaching Menores de acompañamento social e adestramento de vida co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral.

 

Este programa consiste no acompañamento individualizado de rapaces/as entre 12 e 17 anos co obxecto de cubrir as súas espectativas e necesidades, transformando posibles situacións de conflicto persoal en momentos superados de forma positiva, de forma que centra a súa actuación en axudar a aprender, no lugar de ensinar.

Estiveron presentes no acto, ademais da orientadora Cristina Vila quen se encargou de recoller a placa conmemorativa, o xuíz D. José Antonio Vázquez  Taín, o director de Alar Galicia D. José Antonio González Truque e o presidente da Xunta da Galicia D. Alberto Núñez Feijoó.

 

foto 2

 

foto 3 

 



page | by Dr. Radut