Skip to Content

Admisión a ciclos formativos FP. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2022-2023

Hoxe, 19 de xullo de 2022, publícanse as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.

Listaxes de persoas con praza adxudicada

- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Procedemento de matrícula para as persoas con praza adxudicada no réxime ordinario

O prazo de matrícula do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do venres 22 de xullo de 2022.

A matrícula poderase realizar presencialmente no centro educativo da praza adxudicada, ou tamén se poderá realizar vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento nesta ligazón).

Para realizar presencialmente a matrícula nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

Modelo de documento en formato PDF

 

Información detallada

Na páxina web "Ven a FP" da Consellería de Educación

 



page | by Dr. Radut