Skip to Content

Extraescolares

Semana Cultural: Limpeza de praias

Un grupo de alumnado do centro organizou unha actividade que comenzou cunha andaina onde Adela Soutelo, Rubén Lado, Paolo Arnone e AlejandroPedreira nos falaron da importancia da pradmariña e das especies endémicas e invasoras que nos atopamos.A andaina rematou na praia de Boa onde se fixo unha limpeza dos refugallos que se atopaban na mesma. A xornada rematou cun xantar na propia praia.

Foi un dia de toma de conciencia, deporte e convivencia. Noraboa ao alumnado organizador que o fixo posible.
Agradecemos a axuda prestada pola asociación ecoloxista noiesa "Noia Limpa" e a concellería de Educación do concello de Noia.

Cros XOGADE-Intercomarcal

O estadio Julio Mato Matito de Noia acolleu o cros intercomarcal de Xogade, no que participaron mais de 700 alumnas e alumnos. O noso centro participou nas probas femininas e masculinas tanto nas categorías infantil como na cadete.

As corredoras infantís acadaron o primeiro posto na proba por equipos o que lle posibilitará asistir ao campionato provincial destes xogos escolares.

O equipo cadete feminino tamén repetiu victoria clasificando deste xeito para a próxima proba.

Tamén temos que destacar a clasificación para estas finais na categoría individual dos atletas cadetes José Manuel Arufe e Pablo Villar Ces.

Noraboa a todas e todos pola vosa participación.

Foi unha mañá de deporte e bo ambiente, aproveitamos para felicitar e agradecer a tódalas personas encargadas da organización polo seu traballo e esforzo.

 

ver clasificacións completas

ver novas na prensa

Distribuir contido


by Dr. Radut