IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
CONCERTO DE SANTA ICIA

O luns, durante o primeiro recreo, un centenar de compañeiros interpretaron o Himno da Alegría dirixidos por Pilar Melcón. Unha nova versión deste clásico que amosa as cualidades dos nosos alumnos e alumnas
POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO
A asociación Brinquedia fixo unha nova convocatoria do Día do Peón para este xoves 11 de novembro. No IES Virxe do Mar sumámonos a esta iniciativa coa quese pretende recuperar e conservar os xogos tradicionais. Foron varios, rapaces e rapazas, os que se animaron a facer bailar as buxainas de madeira. Por certo, con moito dominio.
TORNEO APERTURA 2010-11
Na fotografía aparecen algúns dos participantes no Torneo de Apertura de Fútbol no Virxe do Mar a pasada semana. O venres 5 de novembro celebrouse unha disputada final na que xogaron Os da Cuneta, gañadores finais, contra o "Noia". Parabéns a todos e ánimo para non perderdes a afección.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado venres 29 de outubro na Aula Álvaro de las Casas celebrouse cun acto o remate da Semana adicada ás Bibliotecas. Os alumnos e alumnas de 1º ESO leron fragmentos de diversos textos cos que se intercalaron pezas musicais interpretadas polos compañeiros de 2º e 3º da ESO. O acto organizado pola Biblioteca María Mariño foi coordinado pola profesora Emilia Alonso. Parabéns a todos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
