IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
XV PREMIO ÁNXEL CASAL

Ismael Ramos Castelo foi o gañador do segundo premio no XV PREMIO ÁNXEL CASAL organizado polo Concello de Santiago. O traballo premiado titúlase Capricho (poesía existencial demasiado azucrada.Hai que sinalar que o xurado resaltou a calidade dos traballos presentados nesta ocasión. Parabéns a Ismael e ánimo para continuar dándonos estas alegrías.
SUSPENSIÓN DAS CLASES
Debido a situación meteorolóxica, mañá 3 de decembro, non haberá clases.
MAGOSTO
O pasado luns 22 de novembro poidemos degustar as castañas asadas, algunhas un pouco asadas, do noso tradicional magosto. Grazas aos que axudaron e grazas aos que participaron.
CONCERTO DE SANTA ICIA

O luns, durante o primeiro recreo, un centenar de compañeiros interpretaron o Himno da Alegría dirixidos por Pilar Melcón. Unha nova versión deste clásico que amosa as cualidades dos nosos alumnos e alumnas
POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO
A asociación Brinquedia fixo unha nova convocatoria do Día do Peón para este xoves 11 de novembro. No IES Virxe do Mar sumámonos a esta iniciativa coa quese pretende recuperar e conservar os xogos tradicionais. Foron varios, rapaces e rapazas, os que se animaron a facer bailar as buxainas de madeira. Por certo, con moito dominio.
TORNEO APERTURA 2010-11
Na fotografía aparecen algúns dos participantes no Torneo de Apertura de Fútbol no Virxe do Mar a pasada semana. O venres 5 de novembro celebrouse unha disputada final na que xogaron Os da Cuneta, gañadores finais, contra o "Noia". Parabéns a todos e ánimo para non perderdes a afección.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- seguinte ›
- última »
