IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
ENTREGA DOS XXVII PREMIOS LITERARIOS ALBERTO ROMASANTA
Hoxe dia 3 de maio, tivo lugar no Coliseo Noela, a entrega dos premios da XXVII edición do Cetame Literario Alberto Romasanta. A gala estivo amenizada polo alumnado de Música do IES Virxe do Mar, baixo a dirección da profesora Pilar Melcón. Tamén colaboraron activamente alumnos do Ciclo de Vídeo-DJ e Son do noso IES. Dámoslle as grazas o todos e todas polo seu excelente traballo.
Na gala participaron alumnado e profesorado do IES Virxe do Mar, IES Campo de San Alberto, IES Cernadas de Castro e IES Poeta Añón, así como representantes do Concello de Noia.
Destacamos a participación do noso alumnado, nos tres niveis e tanto en relato curto como en poesía. Os nosos alumnos finalistas foron: Pablo Villar Ces( 1º ESO C), Mar Regueira Labandeira ( 4º ESO A), Iker Queiro Alvite ( 3º ESO C), e as alumnas premiadas, Lucía Seijas Moledo( 1º ESO C) e Marisol Suárez Baña( 1º Bacharelato B). NORABOA A TODOS E TODAS.