IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
POEFLIX: Celebramos a semana da poesía
Para celebramos o Día da Poesía, o pasado 21 de marzo, o Equipo da Biblioteca organizou unha lectura de poemas. Os grupos de ESO foron pasando pola Biblioteca para leren os poemas seleccionados
polo propio alumnado. O profesorado e alumnado do Ciclo de Imaxe e Son preparou o equipamento axeitado para poder gravar as lecturas.
Podedes escoitar os estupendos recitados se premedes na ligazón, un recurso que decidimos denominar POEFLIX. Os poemas están organizados por etapas ou períodos históricos. De momento ofrecemos
o "catálogo galego" de POEFLIX.
Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvirxedomar/aulavirtual/course/view.php?id=341