DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO INSTITUTO E TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos que a Consellería publicou o 21 de marzo no portal educativo o documento: DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, e que teremos que seguir a partir de hoxe no uso do transporte escolar e nas actividades dentro Instituto.

Resumo uso da máscara:

OBRIGATORIO
• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
◦ Persoas traballadoras.
◦ Visitas cando estean en zonas compartidas.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.