RELACIÓN CANDIDATURAS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021 FAMILIAS E ALUMNADO

 

VOTACIÓN PAIS/NAIS

A votación será o mércores día 24 dende ás 18:00 ata ás 21:00 horas.

 

VOTACIÓN ALUMNADO

A votación será o mércores día 24 dende ás 08:45 ata ás 14:25 horas.

 

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAISOU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

 1º.-Quen pode votar.

 Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 2º.- Modo de emitir o voto.

 a) O voto será directo, secreto e non delegado.

 b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo mércores 24, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Relación candidaturas pais_nais.pdf110.75 KB
Relación candidaturas alumnado.pdf112.94 KB