CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021 (DOG 12/11/2021)

 

ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

 

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

b) Ten que presentar solicitude:

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (a 31 de decembro e 2019).

 

Alumnado matriculado en educación especial.

 

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FORMA DE PRESENTAR A SOLICITUDE: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

ENTREGAR OS ANEXO I e ANEXO II, E DOCUMENTACIÓN NECESARIA na Orde do 28 de outubro de 2021.

 

Prazo:Do 15 ao 26 de novembro de 2021.