OBRADOIROS VARIADOS na XXVI Semana Cultural

OBRADOIROS

Durante a XXVI Semana Cultural que estamos a celebrar no noso instituto, o alumnado pode disfrutar dos obradoiros máis variados e divertidos. Ofrecidos polo profesorado do propio centro ou por medio de monitores especialistas, poden apuntarse de forma voluntaria a eles e, desta forma, por exemplo, aprender a mellorar os seus apuntes de clase, a elaborar figuras de papel coa papiroflexia, coñecer a historia do cine e as mellores películas ou disfrutar dos diferentes aspectos da cultura urbana, co graffiti, o parkour ou o freestyle.

Mencionar o traballo desenvolvido polos nosos compañeiros Antonio Sánchez e Rosa Castro, cos obradoiros de apuntes, papiroflexia e cine.