OBRADOIROS de PERCUSIÓN no IES VdM

PERCUSIÓN

Este xoves 29 de abril tivemos no centro varios obradoiros de Percusión organizados polo departamento de Música e dentro do programa de XXVI Semana Cultural que estamos a celebrar. Impartidos polo instrumentista Didier Díaz Guzmán (graduado na escola de Música de Camagüey, Cuba) estiveron dirixidos a todo o alumnado que cursa esta materia en 3º e 4º ESO. Empregando instrumentos tan básicos como botes de pintura ou cacharros de cociña, conseguiron entre todos armonizar ritmos de todo tipo durante esta mañán.