XELA ARIAS por SERAFÍN MARCOS no VdM

SERAFÍN MARCOS

Este martes 27 de abril estivo no noso centro o artista local Serafín Marcos para representar a vida e obra de Xela Arias. Foi no patio exterior e ante o alumnado de 1ºESO, onde Serafín fixo un repaso á biografía da escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Tamén aproveitou para adicarlle un tempo a Carvalho Calero, o autor correspondente ao ano pasado.

Foron uns  momentos divertidos para os rapaces e rapazas e que ao tempo serviron para que coñeceran un pouco máis de preto a estes dous autores na nosa lingua.