IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
XXVI CERTAME LITERARIO 'Alberto Romasanta'
Xa está convocado o XXVI Certame Literario 'Alberto Romasanta' para as LETRAS GALEGAS 2021. Organizado de forma alterna polos dous institutos públicos da vila, nesta ocasión corresponde ao IES Campo San Alberto. Está dirixido ao alumnado deste centro e tamén ao alumnado do IES Virxe do Mar, constando de 3 categorías diferentes segundo o nivel educativo e de 2 modalidades, o Relato e a Poesía.
Os traballos deben axustarse ás normas que aparecen no Cartel e o prazo rematará o día 2 de Maio.
Os premios serán entregados no IES Campo San Alberto na Semana das Letras.
ANÍMATE E PARTICIPA !!