Esquema de tema

  • Proceso de Admisión. Curso 2019/20

    • Calendario do Proceso de Admisión

      • Oferta educativa do IES

        Información sobre a oferta educativa do centro nos cursos  de 4º de ESO e Bacharelato  [ entrar ]

        • Presentación das solicitudes de admisión

          As solicitudes de admisión poderán cubrirse mediante a aplicación creada a tal fin pola Consellería, ou como ven sendo tradicional, cubertas a man e entregadas no centro no que se solicita praza entre o 1 e o 20 Marzo, de 9:00 horas ás 13:30 horas.

          Caso de utilizar a aplicación da Consellería, seguir estas instruccións.

          • Información útil

            • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

            • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

            • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

            • Baremación


              No caso de que o número de plazas sexa superior ao número de postos escolares ofertados, as solicitudes deben ser baremadas segundo se indica na normativa reguladora do proceso de admisión, abríndose un periodo de tempo para que cada solicitante aporte a documentación que considere oportuno segundo a normativa vixente.

              Esta situación, de darse, será comunicada mediante un Aviso no Taboleiro de anunciós do IES, asi como neste mesmo apartado.


              Os criterios de Baremación indícanse na normativa que regula o proceso de admisión

              • Información complementaria

                • Centros adscritos. CP Humberto Juanes (Vilameán), CP A Cruz (Camos)

                • Área de influencia do centro en cada unha das ensinanzas impartidas e áreas limítrofes.Concello de Nigrán

                • Servizos complementarios que ofrece o centro: Transporte escolar (RD 443/01, modificado polo RD 849/02 e polo Decreto 203/86).