Me parece ben cambiar a puntuación dos aspectos formais e a dificultade da investigación. E tamén a idea de Damián en canto a elección dos tutorandos, non por nota senón polo criterio do tutor nos aspectos que menciona.
Engadiría outra cousa, a ver qué vos parece, nos requisitos que debe cumprir o alumnado figura que teñen que ter todo aprobado ou unha suspensa cunha nota media de sete, eu engadiría que podería estudarse cada caso concreto segundo a dificultade das materias optativas elexidas e a implicación mostrada durante os meses que xa estiveron traballando, sempre que a media esté moi próxima ao sete, o mellor, como se estipula nas becas, onde permiten maior número de suspensos ou menor media para alumnos que estudan grados científico-tecnolóxicos. Podería poñerse una media de 7 para humanidades e ciencias socias e unha media de 6.5 para os alumnos do bacharelato científico-tecnolóxico