Foro de enmendas e comentarios

avaliación/asignación de titores/responsabilidades do alumno/a

avaliación/asignación de titores/responsabilidades do alumno/a

por Eduardo Ares Vieito -
Número de respostas: 3

Na memoria escrita propoño cambiar a puntuación.Apdo: Características formais. En vez dun 4 poñer un 2. Nas dificultades da investigación poñer un 10 en vez dun 8.

2º punto: se non estou de acordo coa nota a quen lle podo presentar unha reclamación. Faltaría completar ese punto. Ante que órgano podo reclamar.

Asignación de titores/as: se varios  alumnos/as piden a un mesmo  titor/a do seu  traballo priorizarase en función da media do expediente académico do curso pasado.

 engadir o seguinte apartado: Deberes do alumno/a: asistir ao seminario de formación, asistir obrigatoriamente ás titorías de seguimento e atender as súas orientacións para a realización do traballo, presentar ao titor/a os avances do traballo nos tempos marcados polo titor/a. Asinar un compromiso....

Funcións do titor: engadir: programar as sesións de titoría para o deseño, orientación e seguimento do traballo.

En resposta a Eduardo Ares Vieito

Re: avaliación/asignación de titores/responsabilidades do alumno/a

por Usuario eliminado -

Cando alguen escribe un comentario, como agora eu, é cando existe a posibilidade de enviar/recibir emails

En resposta a Eduardo Ares Vieito

Re: avaliación/asignación de titores/responsabilidades do alumno/a

por Damián Guede Otero -

Respecto ás consideracións de Eduardo:

- Non me parece mal modificar a nota das características formais (pois esas xa as avalía e controla o titor, terán que darse por cumpridas chegado o momento) nin as das dificultades.

- A reclamación quizáis sexa retorcer un pouco o asunto, penso.

- A priorización do traballo a elixir, caso de que máis dunha persoa elixa o mesmo titor/a debería ser segundo o criterio do titor/a, que terá que decidir que traballo lle parece máis atractivo para dirixir, ou máis útil, ou que alumno lle ofrece máis confianza como investigador. Creo que non debe primar a nota.

- O dos deberes paréceme lóxico, ainda que creo que teremos moi poucos casos, co cal teríamos que dalo por feito...

 

En resposta a Eduardo Ares Vieito

Re: avaliación/asignación de titores/responsabilidades do alumno/a

por Usuario eliminado -

Me parece ben cambiar a puntuación dos aspectos formais e a dificultade da investigación. E tamén a idea de Damián en canto a elección dos tutorandos, non por nota senón polo criterio do tutor nos aspectos que menciona.

Engadiría outra cousa, a ver qué vos parece, nos requisitos que debe cumprir o alumnado figura que teñen que ter todo aprobado ou unha suspensa cunha nota media de sete, eu engadiría que podería estudarse cada caso concreto segundo a dificultade das materias optativas elexidas e a implicación mostrada durante os meses que xa estiveron traballando, sempre que a media esté moi próxima ao sete, o mellor, como se  estipula nas becas, onde permiten maior número de suspensos ou menor media para alumnos que estudan grados científico-tecnolóxicos. Podería poñerse una media de 7 para humanidades e ciencias socias e unha media de 6.5 para os alumnos do bacharelato científico-tecnolóxico