Saltar navegación.
Inicio

Curso 2018-19

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA O ALUMNADO DE 3º DA ESO.

O alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla sobre educación afectiva e sexual impartida por Fe Framil e Ramón González.

MEDRANDO EN IGUALDADE

Nuria Costa, da fundación Amigos de Galicia, impartiu  unha charla- coloquio para o alumnado de 3º de ESO que levou por título: Medrando en IGUALDADE. Nela tratáronse temas como estereotipos de xénero, violencias machistas, micromachismos....

OBRADOIRO DE METEOROLOXÍA E CLIMA IMPARTIDO POR INVESTIGADORES DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID.

Teresa Losada e José Manuel Garrido, investigadores do Dpto de Física da Terra e Astrofísica da Universidade Complutense de Madrid, dentro do proxecto Ciudad Ciencia (iniciativa do CSIC e FECYT) no cal está o Concello de Nigrán impartiron un obradoiro sobre meteoroloxía e clima ao alumnado de 2º da ESO e de 4º da ESO.

XEOMETRÍA E PLÁSTICA

TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA E AS ARTES.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO.

O alumnado de 1º de Bacharelato visitou a Feira de estudos da Universidade de Vigo e coñeceu o clima universitario.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO ACHEGANSE AO MUNDO DOS NANOSATÉLITES.

Aarón Nercellas de Alén Space, empresa pioneira do New Space e, nacida na área de nanosatélites da Universidade de Vigo cuio obxectivo é comercializar  solucións vinculadas coa tecnoloxía aeroespacial achegouse ao noso centro para falarnos desta temática. Na foto alumnos cunha maqueta do Lume-1 lanzado no Soyuz-2.1a desde o cosmódromo ruso de Vostochny que será unha valiosa ferramenta para a detección temperá de incendios forestais.

COÑECENDO A RAMA DA HOSTALERÍA.

Oscar Alfeirán, da Escola Superior de Hostalería de Galicia, explicoulles ao alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Economía a oferta educativa do seu centro. Logo, traballaron na hipotética venda dun produto turístico de Nigrán.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ COOPERANDO alumnado de 1º e 3º da ESO.

Hoxe, 30 de xaneiro día da paz e a non violencia o alumnado de 1º e 3º de ESO, dentro do programa TEI, realizou unha serie de xogos e actividades cooperativas.

O PROFESORADO DO IES VAL MIÑOR INFORMASE DAS ESTRATEXIAS EDUCATIVAS MÁIS AXEITADAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

María Pacín, socia fundadora da asociación TEAVI (Trastorno de Espectro autista de Vigo) e psicóloga do gabinete Litus informou ao profesorado do IES das características do alumnado con Síndrome de Asperger, das súas necesidades educativas  e das estratexias didácticas máis favorecedoras para atender á diversidade.

HIPERCONECTIVIDADE, BIG DATA, COCHE AUTÓNOMO ... O FUTURO e o PRESENTE explicado ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Emilio García, profesor universitario na escola de empresariais de Vigo, deleitounos coa súa sabedoría sobre as novas tecnoloxías, sobre o seu uso, as súas aplicacións e a conciencia crítica que debemos ter nalgúns aspectos ante elas.

Distribuir contido