Saltar navegación.
Inicio

SOLICITUDE DE MASCARILLAS NO CENTRO

Orde do 28 de outubro de 2021 CLICA PARA COÑECER AS CONDICIÓNS QUE MARCA A CONVOCATORIA.

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar, NON TERÁ QUE FACER A SOLICITUDE, asignaranse directamente como beneficiarios do reparto de mascarillas.

Os anexos a cubrir para facer a solicitude están neste enlace CLICA.

MEDOMEDÁ: alumnado contacontos

O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.

VOLTAMOS A FESTEXAR O SAMAÍN

Agradecemento a aqueles que colaborastes na montaxe da decoración para crear este ambiente de Samaín.

Federico Fernández, un Premio Nacional de Ilustración, no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.

Distribuir contido