VÍDEO DO ACTO DE RECOÑECEMENTO DOS MELLORES EXPEDIENTES ORGANIZADO POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  organizaron o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia.

Para este recoñecemento o alumnado ten que ter unha nota superior a 9 na fase xeral da ABAU.

O acto tivo lugar o xoves, día 24 de xuño, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.

As circunstancias non permitiron que fose un acto multitudinario presencial pero iso non impediu celebrar un evento conxunto no que se fixo chegar os parabéns da USC ao estudantado que acadou resultados sobresaíntes nas ABAU.

O acto estivo presidido polo reitor da USC e contou coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores dos centros da USC. Tamén estiveron presentes un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais ou titores e foi retransmitido en streaming a través da canle Youtube da USC.

Podedes ver o vídeo completo na seguinte ligazón (O alumnado do IES Valle Inclán foi nomeado e participou no acto a partir do instante 1:37:45)

Vídeo do acto do recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU 2021

alumnado do noso Centro que acadou máis dun 9 na fase xeral foi: Álvaro Barbazán Domínguez, Carmen Castro Tejeiro, Paula Domínguez Barreiro, Iñaki Dueñas Otero, Natalia Farto Pastoriza, Pablo Fontenla Acevedo, Beatriz García Gallego, Eva Lago Cobas, Silvia Martín Blanco, Cris Limin Martínez García, Manuel Muñiz Pintos, Lucía Pazos Santiago, Alba Piñeiro Justo, Álvaro Quinteiro Bernal, Lara Reguera Acuña, Candela Rodríguez Besada, Gabriel Varela Acosta, Sara Varela Martínez e Nuria Villar Muiños.