SEMANA DE EUROPA NO IES VALLE INCLÁN

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo

A Escola Mentora Embaixadora IES Valle-Inclán coordinada pola profesora Leonor Rodríguez Tato celebrou esta semana o día de Europa (9 de maio) desenvolvendo as seguintes actividades: 

1. O alumnado do Centro realizou concursos sobre a Unión Europea  nas clases para  dar a coñecer as cuestións básicas da UE:  Cantos países forman a UE?  Cantas son as  linguas oficiais? É o galego unha lingua oficial da UE?  Cal  é o órgano de goberno da UE? Que oito países non utilizan o euro? Cal é o país máis pequeno,  e o máis grande? O de máis densidade de poboación? Cal é a diferencia entre Consello e Consello Europeo ?. Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

2. INFOPOINT: Día  de  Europa con preguntas básicas con código QR e novas de maio da UE. Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

 3. O xoves  6 de maio o alumnado Embaixador de 1º Bacharelato tivo dúas videoconferencias organizadas por Europe Direct a Coruña  sobre bolsas ERASMUS.

O alumnado e exalumnos Erasmus falaron dos seguintes puntos:

  • Certificación de idiomas para bolsas Erasmus
  • Bolsas da Xunta e do Ministerio 
  • Organizacións como ESN que axudan a estudantes Erasmus 
  • Materias convalidadas 
  • Podcast: Destino Erasmus 
  • Países aos que pedir destino dependendo do perfil do alumno

 Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

  

4. O venres 7 de maio alumnos Embaixadores desprazáronse ao colexio Alvarez Limeses para falar da UE cos mapas entregados por Europe Direct A Coruña co fin de que o alumnado poidese comentar os símbolos de cada país e debuxar a súa visión da UE. Tamén entregaron e explicaron nos colexios San Xosé e Barcelos estes mapas. Pica na imaxe para ver máis fotografías.