Iniciar sesión: Acceso

Ollo! Chega o Entroido... e con el as ordes do meco!

Arrincamos a semana do Entroido e para iso non queda outra que facer caso ao meco, así que xa sabedes: a semana que vén todas e todos atentos ao que toca facer cada día! E preparade as vosas mellores galas para a celebración do venres!

Xa sabedes de que vos ides disfrazar? E a que agardades?!

"Luns: O Entroido xa comeza, ven a clase con algo vistoso na cabeza."

11F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O vindeiro 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e esta mañá tivemos connosco a Cristina Fernández, investigadora de Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. Veu falarnos das mulleres referentes e/ou pioneiras nas áreas STEM e máis concretamente da súa carreira, "Unha carreira de ciencias cun toque feminista". O alumnado de 3º e 4º ESO tivo ocasión de coñecer un pouco máis o mundo do mar grazas a esta interesante charla.

Grazas, Cristina, pola túa visita e parabéns polo teu traballo!

 

XORNADA INFORMATIVA CURSO 2024-2025

O vindeiro día 6 de febreiro, teremos sesións informativas pola tarde para resolver dúbidas ás familias, tanto de alumnado que xa está a cursar os seus estudos no IES Val do Tea, como alumnado que se incorpore ao centro no curso 24-25.

 

Na seguinte imaxe podedes consultar os horarios para cada curso:

HORARIO: Segundo o curso que o alumnado vai a cursar no vindeiro ano 2024-2025 

 

1º ESO: 18.30 - 19.30 horas

2º ESO: 16.30 - 17.00 horas

3º ESO: 17.00 - 17.30 horas

4º ESO: 17.30 - 18.30 horas

BACHARELATO (1º e 2º): 19.30 - 20.30 horas

 

 

Camiñamos para a paz, da man de Sara Sami

Hoxe celébrase o Día da Paz, da non violencia. A violencia é terrible sempre, sempre pero aínda o é máis cando a consenten os estados.

Sara Ashour da Fundación Araguaney-Puente de Culturas veunos falar desa terrible violencia que padece o pobo palestino. Acompañouna Ana e escoitárona os alumnos e alumnas de 1 de Bacharelato. Escoitemos sempre os pobos que son tratados con violencia. Expliquemos as causas das guerras, para traballar pola paz.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG