Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

Bolsas de estudos 2024-2025 BAC e FP

O prazo para solicitar as bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 19 de marzo ás 9:00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas. Desde aquí podes acceder directamente á solicitude, podes consultar o documento informativo e se precisas máis información acude ao Departamento de Orientación.

Visita ao CESGA

18/04/2024 08:45
18/04/2024 14:15

Visita do alumnado de informática ao Centro de Supercomputación de Galicia.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de oficina e 1º CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Lugar: Santiago de Compostela.
Organiza: Departamento de Informática.

Xincana polo 8M

19/04/2024

Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller, que foi cancelada por mor do mal tempo o pasado 8 de marzo.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamento de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).

Obradoiro Talento Mozo 2024

16/04/2024 08:45
16/04/2024 10:25

Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Laboratorio de fotografía e identidade - 2ª sesión

15/04/2024 11:45
15/04/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán a segunda sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Celebración das Probas diagnósticas

10/04/2024 09:00
11/04/2024 12:05

As probas diagnósticas de 4º de Primaria e 2º de ESO fixadas polo Ministerio de Educación a través da LOMLOE serán o 10 e 11 de abril en horario de 9:00 a 12:05 horas. Para máis información preme aquí.

Acceso á resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24

Danzar e Sentir

26/04/2024 09:20
26/04/2024 11:20

Actividade promovida polo Espazo Xove Chantada destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (de 9:20 a 10:25 horas) e 4º ESO (de 10:25 a 11:20 horas).
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Obradoiro Latento - 3ª sesión

30/04/2024 12:35
30/04/2024 14:15

Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

 

Obradoiro Latento - 2ª sesión

25/04/2024 12:35
25/04/2024 14:15

Segunda sesión do obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

 

Obradoiro Latento - 1ª sesión

19/04/2024 08:45
19/04/2024 10:25

Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut